V Premio Espiral Edublogs 2011
O Blog de Plástica, "Eduplastica", 4º premio
A asociación Espiral é un colectivo de profesores e profesoras interesados na promoción e aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación na Educación. O premio Espiral Edublogs é un dos eventos con máis repercusión na blogsfera xa que moitos profesores e profesoras, presentan os seus blogs e mostran as súas propostas didácticas coas das TIC nas aulas.
Galardóns. Curso 2010-11

O premio supón por tanto un escaparate que mostra as múltiples posibilidades que ofrecen os blogs na aula. Cada un dos premiados recibe unha peonza, símbolo deste premio, que representa a enerxía coa que pretemndemos impregnar o mundo da web 2.0
O blog http://edu-plastica.blogspot.com acadou o 4º premio na categoria Blog de alumnos da ESO V PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS 2011. Este blog nace o 22 de maio de 2008. É un espacio de contido educativo que recolle a actividade da aula-taller de plástica do noso centro. Creado por e para os alumnos, que cos seus traballos son quen o manteñen con vida.
V Premio Espiral Edublogs 2011
O Blog de plástica "Educortos" foi FINALISTA
O blog http://educortos.blogspot.com.es/ foi finalista na categoría Blog de profesores e profesoras. Este blog é unha experiencia educativa na que se utilizan os recursos da linguaxe cinematográfica na educación plástica e visual, posibilitando así que os alumnos abran vías de experimentación, buscando novas formas de expresión e creación a través das novas tecnoloxías. Colaborando, como sempre, con outros departamentos dende unha didáctica interdisciplinar e transversal.

3º PREMIO PARA 4º ESO.
Os alumnos de 4º ESO de Plástica, recibiron o mércores 25 de Maio o 3º premio pola curtametraxe de animación "Dibujando mi futuro" outorgado polo OAPEE. O Certame, no que participan institutos da Unión Europea, englóbase dentro do proxecto Comenius. Na elaboración da curtometraxe participaron: Adrián Barros, Claudia González, Natalia Blanco, Kevin Santomé, Daniel Alvarez, José Aboy, Pablo Santos e Joel Fontenla, dirixidos pola profesora de Plástica. (máis información)

Mostra de cine escolar. Boiro
A Curta "A muller Lamprea" finalista do premio Impinxidela.
Festival Audiovisual Galego OLLOBOI.
O video stop motion feito este curso en plástica por Adrian Martínez , premiado por OLLOBOI. Mellor curta escolar 2011
CONCURSO DE VÍDEOS ESCOLARES "SOMOS COMENIUS"
O corto "A Muller Lamprea" elaborado polo alumnado de 1º ESO C e D mediante a técnica de Stop Motion, baseado no conto do mesmo nome, resultou gañador dun accésit polo "fomento do uso do galego"

EDUCORTOS: na" Red de Buenas PrácTICas 2.0"
Na páxina do ITE (instituto de tecnoloxías educativas) ""RED de buenas prácTICas 2.0"" Francisco Muñoz publicou o 7 de xuño do 2011 un artigo sobre o blog EDUCORTOS ,titulado: "Educortos: el cortometraje como recurso didáctico en el aula de Plástica". No artigo resúmese a actividade e a experiencia educativa deste blog. Déronnos o" distintivo de Buena PrácTICa 2.0,"