top of page

Gañadores dos II Premios Mellor Iniciativa TIC 2012

 

 

 

O proxecto Comenius Acteur de Mon Avenir, no que o noso centro participou durante os anos 2010-12, foi distinguido coa mención STAR PROJECT, pola axencia europea avaliadora.

I Proxectos Educativos 2012-2013 de EducaBarrié

"Historias dun Cuarto de Baño".

Os nosos alumnos de 4º de ESO tiñan que crear por grupos o seu propio guión, un storyboard, así como dirixir e montar o seu propio corto;

 Cada un deles, ademáis, debía ter un nexo común: o escenario, un cuarto de baño, e tocar distintos xéneros cinematográficos”

Para realizar esta actividade, contaron coa axuda do director de cine Xan Leira, que lles ensinou a realizar un guión cinematográfico e con música orixinal, xa que no corto ‘Cabaret barxas’, “a canción ‘Yo no soy tú’ está composta, editada e gravada na aula de música do instituto.

Esta actividade supuxo que os alumnos acudiesen ao Centro duas tardes á semana durante un trimestre

 

4º ESO (curso 2011-12). Creadores de "Historias dun Cuarto de Baño"

Vídeo do Festival Audiovisual IES As Barxas no que se proxectaron ademáis de outras, as películas que forman parte de "Historias dun Cuarto de Baño":

 

O noso Centro premiado co STAR PROJECT

A fundación Barrié, na convocatoria dos I proxectos educativos 2012-2013 de EducaBarrié, premiou o proxecto do noso centro "As Barxas emprende: Productora audiovisual".  Trátase dunha actividade interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora na Educación Secundaria, non solo co obxectivo de crear empresas, senón como unha actitude xeral ante a vida. Así, dende fai 4 anos, deseñamos distintas propostas didácticas e actividades puntuais dirixidas a crear e xestionar unha empresa durante o curso escolar, de forma que os estudiantes desenrolen as súas capacidades persoais e profesionais, chegando a ser eles mesmos.

Este curso, decidimos montar unha productora audiovisual para a realización de programas informativos, realizados totalmente por alumnos, nos que poidan expresar a súa visión sobre o mundo no que viven, realizando un informe sobre todo o ocurrido no noso entorno: mundo, nacional, rexional, local, centro... 

No proxecto participan 72 alumnos do "Taller de Iniciativas Emprendedoras" de 3º e 4º ESO, coordinados polos departamentos de Economía e Plástica. A profesora de Economía, M. José Soto dirixirá a área de creación e xestión empresarial mentras que a profesora de Plástica, Luz Beloso, dirixirá a área de producción audiovisual na que tamén colaboran outros 10 departamentos didácticos.   

Concurso carteis XVII Mostra de Teatro

Paula Del Río (2º ESO C) foi a gañadora do cocurso de carteis da 17ª Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo

Consumópolis 8.

As Barxas 3º Premio

O equipo “Os DIVER”, formado polos alumnos de 3º ESO-D do IES AS BARXAS: Daniel Fernández, Rubén Pequeño, Jennifer Sanjorge, Josúe Calvar e Ana González, conseguiu o 3º premio da fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida CONSUMÓPOLIS 8, na modalidade de 3º e 4º curso de ESO, como autores do cartel: “O DEPORTE É UNHA PORTA A OUTRO MUNDO”.
Pilo e Luz que son as que levan adiante o Proxecto.

Vídeo da Recollida do premio Consumopolis 8 en Santiago de Compostela o 16 de maio

VII Certame de Poesía Xosé A. Barral

A nosa alumna de 2º ESO Area Mª  Guede Ramos, foi gañadora cunha mención de honra no VII certame de poesía Xosé A. Barral, que organizan o departamento de música e a biblioteca do IES As Bizocas do Grove

 

(ver máis)

O noso Centro foi seleccionado con duas obras na II Mostra de Cine Xuvenil de Vigo

II Mostra de Cine Xuvenil de Vigo

Melania Alves recibe o segundo premio no concurso de curtometraxes da Oficina de Trasplantes de Galicia. O seu curto, de apenas dous minutos é unha animacion feita en plastilina na que conta a historia dunha nena que desexa recuperar a vista, e que se fai realide grazas a un transplante.

 

(ver máis)

Premio "Doa Órganos. Agasalla Vida".

O curto "NON CHE TEÑO MEDO MOUCHO" gaña o primeiro premio do certamen "Imaxina Cantares", promovido pola Xunta de Galicia. Un traballo no que se ilustran as palabras da autora Rosalía de Castro, realizado por alumna@s de 4ºESO e Antón Entenza

Certame "Imaxina Cantares".

O curto de animación "Tempo de Samaín" gañador do accésit: Minimalismo e Plasticidade no III Certame Audiovisual Escolar convocado polo IES Monte Carrasco.

III Certame audiovisual do IES Monte Carrasco

As alumnas Ariadna Ortiz e Camila Hermelo, de 1º de bacharelato A, resultaron premiadas na VII edición do Certame Xuvenil "No te cortes", convocados por la fundación Germán Sánchez Ruipérez.

  • O vídeo de Camila Hermelo, "Tempo de Samaín",  foi galardonado co Premio a la Mejor Calidad Artística

  • A curtametraxe "Afastados", de Ariadna Ortíz foi recoñecida coa Mención a la Mejor Interpretación Femenina.

Os dous vídeos foron realizados baixo a dirección de Luz Beloso, e a colaboración de Brais Pérez no guión de Afastados

 

Certame de curtometraxes xuvenil NO TE CORTES

Tamén resultou finalista na categoría compromiso social, polo xurado composto por membros do  Ministerio de Sanidade Servicios Socialis e Igualdade o curto "Maldito Espejo"

Vídeo da recollida do premio en Madrid o 18 de novembro de 2013

Galardóns. Curso 2012-13

bottom of page