Curso 07-08
Carnaval 07-08
Con gran éxito de participación, celebramos o Entroido 2008. Tivemos un variado programa: concurso de doces, concurso de disfraces e actuacións de karaoke.
London. 07-08
Corenta alumnos de 1º e 2º de Bacharelato viaxaron á London. Visitaron a National Gallery, o British Museum, o Natural History Museum, The Tower of London, Westminster, Covent Garden, ... e ata disfrutaron do musical de Queen
Magosto. 07-08
O venres 9 de novembro celebramos a festa do Magosto. Foi un traballo no que participou moita xente. Recoñecer a gran disposición e responsabilidade amosada polo alumnado que se comprometeu a participar nas labouras organizativas. Non podemos esquecernos do impagable traballo das persoas da ANPA que viñeron a asar as castañas ademáis de ensinarnos a xogar á chave ou á petanca; tampouco debemos olvidar a todos aqueles que nos axudaron dalgunha maneira prestando aparellos, etc.
París. 07-08
Os nosos alumnos de 4º ESO, máis unha quincena do IES A Paralaia pasaron unhas xornadas inesquecibles na capital francesa acompañados das profesoras Ana Rey e Rocío
Cabo Home. 07-08
Un grupo de 50 alumnos xunto con 3 profesores (Fran Torrado, Miguel Cortegoso e Carlos Blanco) fixeron un percorrido a pé dende Donón ata Cangas para coñecer a flora e a xeoloxía costeira
O meu primeiro voo (Madrid). 07-08
31 alumnos de 3º e 4º da ESO foron de viaxe a Madrid a tomar parte neste programa organizado en colaboración coa Diputación e o Concello. Visitaron O Museo Reina Sofía, o Parque del Retiro, O Zoo ademais de facer un percorrido turístico pola capital. Maribel, Emilia e Olaya foron as profesoras acompañante
Graduación 2º Bach. 07-08
Era un acto novedoso no noso centro e constituiu unha pequena e modesta homenaxe aos alumnos que rematan os estudos no noso centro para iniciaren unha nova andaiana noutros. Se lles entregou un detalle, un dos alumnos dixo unha palabras en nome dos seus compañeiros e o director pronunciou un emotivo discurso. Rematamos o acto cun pincho. Contamos coa presencia das familias, profesores, membros da ANPA,
Tui. 07-08
Os alumnos de 1º ESO, acompañados de María Blanco, Elisa, Olaya e Elena viaxaron ata Tui para facer un percorrido polo Monte Aloia e finalmente visitar o Museo Catedralicio de Tui
Outras actividades. 07-08
 Saída organizada polo Departamento de Economía para alumnos de PGS. Visitaron a exposición O comercio móvese, patrocinada por Fecimo. |  Preparando o Samaín.
Este ano tivo lugar o I Concurso de cabazas para celebrarmos o Samain. Presentáronse varias obras e a cabaza vencedora foi a presentada por Paz Rodríguez ( 2º Bach) |
---|
 O Departamento de Lingua Galega organizou unha saída á Ourense. Os alumnos de 1º Bacharelato tiveron ocasión de visitar o roteiro literario da novela de Eduardo Blanco Amor "A Esmorga". Pola tarde cursaron visita ao Pazo Museo Otero Pedrayo. |  1º de Bacharelato pola ruta da Esmorga en Ourense. Acompañados por Matilde |
---|
 Xornadas sobre a Violencia de Xénero. Organizadas polos Departamento de Orientación, Filosofía, Plástica e as titorías de 4º da ESO. |  CONCURSO de POSTAIS do NADAL. O premio foi para Alía Páramos Pena, de 1º Bach. B. A postal gañadora serviu de felicitación navideña |
---|
 Concurso de postais de Nadal. A gañadora foi Alía Páramos Pena, de 1º Bach. B |  Exposición Rodin, en Coruña. |
---|
 |
---|
XII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo. 07-08
Eramos os anfitrións e naquel 24 de abril de 2008. Inauguramos a MOSTRA que tanto levaban preparando os nosos actores nas dúas compañías de teatro que se conseguiron montar no noso centro a principios de curso. Foron duros meses de traballlo, dirixidos por Vanessa, que tiveron aquel colofón naqueles derradeiros días de abril. Foron moitos os visitantes que tivemos dos diversos centros de O Morrazo e a experiencia foi moi positiva. As obras foron todas aclamadas polo entendido público e se demostrou unha vez mais que en O Morrazo hai unha auténtica canteira de bos actores e actrices.
Semana Branca. 07-08
Uns 50 rapaces e rapazas de 2º ESO tiveron a oportunidadae de ir a disfrutar da neve en Andorra, acompañados dos profesores Eugenio Madruga e Chema Casal.
Visita a Cies. 07-08
Alumnos de 4º ESO , acompañados por Carlos e Fran visitaron o Parque das Illas Cies
Camiño de Santiago. 07-08
Alumno de 3º e 4º, acompañados de Juan, Angeles e Amparo, levaron a cabo o CAMIÑO de SANTIAGO, dende Ferreirós ata a Catedral.
Vela e piragua. 07-08
Alumnos de 3º de ESO, organizados por Susana, Palmira e Fran, practicaron piragüismo en Cobres. Ademáis, 1º ESO puido disfrutar da vela en Bouzas, acompañados por Eugenio