Curso 10-11
O CENTRO INCORPÓRASE AO PROXECTO ABALAR (ordenadores para todos os alumnos de 1º e 2º ESO), AO COMENIUS (intercambios con Polonia, Alemania, Italia...) e NACE "A MULLER LAMPREA". Os alumnos de tecnoloxía, da man de Luis, fan un magnífico traballo de mellora da biblioteca elaborando as estanterías para os libros. O Centro é noticia en varios canais de TV pola película producida e protagonizada por alumnos de 4º, "The Barxas Club"
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
Camiño de Santiago. 10-11
Os alumnos de relixión de 3º ESO fan o Camiño de Santiago dende Tui ata a Catedral
LUGO. 10-11.
Os alumnos de Bacharelato de Cultura Clásica e Latín, acompañados de Emilia e Maribel, viaxan ata Lugo.
1º de BACHARELATO EN LONDRES. 2010-11
28 de marzo os alumnos de primeiro de bacharelato do I.E.S. As Barxas collemos ás sete da mañá o autobús que nos levaría ao aeroporto de Oporto, en Portugal, para coller o noso agardado voo a Londres. Chegamos a Oporto ás nove da mañá (hora portuguesa) e a pesar de que houbo problemas para facturar (retrasos do aeroporto), ao fin chegamos ao noso avión de EasyJet, rumbo Londres.
Chegamos ao aeroporto de Gatwick ás catro da tarde e, despois de recoller as maletas (a pesar de que houbo un lixeiro retraso porque a maleta dunha compañeira perdérase, aínda que un par de días despois lla enviaron ao hotel), dirixímonos en autobús ao noso hotel, o Royal National. Ás sete da tarde xa estábamos paseando por Londres, aínda que eseprimeiro día só puidemos facelo polas principais rúas e avenidas da cidade:Chinatown; Trafalgar Square; as esfinxes e o obelisco que os británicos trouxeron deExipto; a estación de tren...
O martes 29 levantámonos con ganas, e despois de tomar o almorzo collemos ometro en Russell Square para ir ata Hyde Park, o parque máis famoso da cidade, ondeno medio do lago, chamado “The Serpentyne”, hai un altar adicado a Lady Di.Despois disto demos volta para ir ata os Kensington Gardens e visitar o Palacio deBuckingham. Alí, despois de percorrer media cidade ás présas para ver o cambio de garda, atopámonos con que ese día non o facían. A cambio, e por sorpresa, tivemos aoportunidade de ver á raiña de Inglaterra, Isabel II, saíndo do palacio nun cocheblindado para ir a un congreso. Despois de perseguir ao vehículo da raíña para sacarlleunha foto (que ao final conseguimos) fomos paseando ata Green Gardens,pasando por Westminster Abbey (onde foi a voda do príncipe Guillermo con Kate Middleton), ao London Eye (subimos todos, e merece a pena, a vista é impresionante!),o Tower Bridge, o Big Ben... cara o mediodía achegámonos ata o Globe Theatre,o primeiro teatro onde se representaron obras de Shakespeare. Ao seu lado estaba aTate Gallery, un museo de arte moderna de cinco pisos feito a partir dunha vella fábricada época da revolución industrial. Si, realmente foi un día completo, que rematoucoa asistencia ao musical de Queen.
¡Impresionante!.
O mércores 30 pola mañá puidemos ver a National Gallery, outro dos museos máis famosos de Londres. Trátase dun edificio enorme, faría falta máis dunha semana para velo enteiro, e nós tivemos soamente hora e media. Unha pena...
Despois de comer, collemos o metro en Charing Cross para ir a Camden Town. Esta é a zona bohemia da cidade, a zona alternativa. Chámanlle tamén Camden Town Market pola súa variedade de tendas e de xentes. Pasamos alí o resto da tarde, nunha loucura consumidora total.
O xoves 1 foi o noso último día completo, así que pola mañá levantámonos cedo e tras coller o metro en Charing Cross, fomos paseando polo centro ata Whitehall, a rúa onde están tódolos edificios gubernamentais. Alí vive o primeiro ministro británico (neste
momento, David Cameron). Máis tarde dirixímonos ao Natural History Museum. Este museo está situado en South Kensington e foi construído entre 1870 e 1880.
Posúe máis de 70 millóns de espécimes e obxectos diferentes de distintas áreas, como poden ser a botánica, a entomoloxía, a zooloxía, a paleoantropoloxía, etc.
Nel rodouse a famosa película de Hollywood “Noite no museo”. De cara ao mediodía encamiñámonos ao museo das ciencias, que está na mesma rúa. Este foi
fundado en 1857, e posúe corenta salas divididas por áreas de coñecemento, dende a informática ás telecomunicacións. Pasamos a tarde facendo compras de última hora enOxford Street, a rúa máis comercial de Londres. Ten unha extensión de dous quilómetros, todo chan, cheo de tendas de todo tipo, aínda que as que máis abondanson as de souvenirs, sen esquecernos dun Starbucks cada 5 pasos (realmente, dá a impresión de que hai máis cafeterías Starbucks en Londres ca londinensespropios por metro cadrado).
O venres 2 de abril levantámonos con poucas ganas de voltar a casa, dado o ben que o pasaramos na viaxe. Pola mañá soamente nos deu tempo a visitar o British Museum, un dos máis famosos do mundo, pero estabamos tan cansos que o que máis nos interesaba ver eran bancos para sentar.
Esta foi a nosa última visita, pois ao mediodía volvemos a Gatwick para tomar o avión de volta á casa. Ás once xa estabamos, moi ao noso pesar, de volta en Moaña.
by Katrin and Nazaret
4º ESO en PARIS. 10-11.
O 4 de Abril emprendemos a osa viaxe cun sorriso na cara, a maleta chea e os ollos aínda lagañosos. O camino de ida foi longo e probablemente o momento máis silencioso da viaxe. Aqueles que non conseguimos abandonarnos ao sono, vimos como a paisaxe do norte de España pasaba ante nos a través da ventá.
Ao chegar a noite, xa nos atopabamos en Francia, na cidade de Burdeos, onde nos aloxamos no que sería o noso hotel por unha noite. Ao rematar de cear demos unha volta polos arredores. Pese a ser luns as rúas estaban cheas de xente e alí mesmo, en plena rúa de Burdeos, on dubidamos en cantarlle o Cumpreanos a Violeta en canto chegaron as 12. Canción a que, para a nosa sorpresa, non tardaron en unirse moitos dos transeuntes franceses.
A mañá seguinte, despois do típico almorzo francés, subimos ao autobús xunto aos nosos compañeiros de Teis, aos que xa coñecéramos durante o traxecto do día anterior. Outro día de camino ata chegar a París no que a través da ventá sempre estivemos acompañados dos inmensos campos de flores… E afín chegamos a París, cansados pola viaxe pero con moitísimas ganas de coñecer a cidade.
Durante os días seguintes non paramos. Empapámonos de arte impresionista no Museo Orangerie, recorremos o suntuoso palacio de Versalles e fixemos unha rápida visita ao impresionante Museo de Louvre, onde a falta de tempo para recorrelo todo a marioría decantámonos por ir ver a Gioconda, a momia e a Venus de Milo.
Non faltou tampouco a visita á Catedral de Notre Dame, á Basílica do Sagrado Corazón de Montmatre , á Sainte Chapelle, ao barrio latino e como non, á emblemática Torre Eiffel, dende a que puidemos ver unha impresionante panorámica de París.
Mentres íamos coñecendo París non faltaron as risas, as bromas, os erros co idioma… Dunha maneira ou outra todos tivemos que botar man das linguas que coñecíamos para facérmonos entender.
O autobús converteuse na nosa segunda casa. Alí durmimos, cantamos, vimos películas, xogamos ás cartas e intercambiamos impresións e anécdotas da viaxe, acompañados da música, que nunca faltaba. Tanto é así, que agora para moitos de nos é inevitable non asociar cancións como "Hold Yah" ou "Princesas" á viaxe a París.
O sábado pola mañá gastamos as nosas últimas horas na cidade en recorrer as galerías de Lafayette e o emblemático Hard Rock cafe, que todos deveciamos por coñecer.
Pola tarde facturamos o equipaxe no aeroporto, algúns cruzando os dedos para non pasarse co peso da maleta e sobre as sete da tarde xa estabamos voando con destino a Oporto, para moitos o seu primeiro voo.
O autobús recolleunos no aeroporto e tras parar en Teis e despedirnos dos nosos compañeiros de viaxe, chegamos a Moaña, onde nos esperaban os nosos pais, a nosa cama e a rutina de sempre que deixaramos aqui colgada mentras gozabamos da vida parisina, facendonos donos da mítica frase da película Casablanca: Sempre nos quedará París.
E non podo despedirme sen antes transmitirlle o noso agradecemento a Goretti e a Fernando que non escatimaron en paciencia con nós e tentaron sempre compaxinar a programación co noso cansanzo para facer a viaxe máis levadeira, cabe dicir que con éxito.
Andrea Piñeiro.
SEMANA BRANCA. 10-11.
Un grupo de alumnos de ESO viaxa ata Pajares dentro do Programa "Semana Blanca 2011"
GRADUACIÓN ALUMNOS 2º BACHARELATO. 10-11.
TUI. 10-11.
Alumnos de 2º ESO fan unha saída ao sur da provincia: Santa Tegra e Tui
![]() O Auditorio de Cangas acolle as primeiras "Xornadas de Orientación Académica do Morazo" as que asisten tamén os nosos alumnos | ![]() Alumnos de francés viaxan ata Vigo para ver a obra de teatro: "Les Femmes Savantes" |
---|---|
![]() Alumnos de francés acuden a Vigo a ver a obra de teatro: "Le fantôme de L´Opera" | ![]() Kevin González. Remo |
![]() O noso Centro incorpórase á I Fase do Proxecto Abalar. Dende este ano as aulas de 1º e 2º ESO están equipadas con pizarra dixital e canón, acceso a Internet e portátiles para cada un dos alumnos. | ![]() Os alumnos da Clase de Apoio fixeron un magnífico traballo ao longo do curso da man da súa profesora Vernónica Mouriño |
![]() Campeonato Intercolexios celebrado en Balaidos. AS BARXAS quedou primeiro en infantis, masculino e feminino. Quedaron 1º: Lucia Parcero en peso, Eva Camaño en lonxitude, Eyob Vega en 300 metros e Sara Rodriguez en 80 metros. En 2º lugar quedaron: Iria Charlín en salto de altura, Angel Rodriguez en lonxitude.Quedaron 3º: Rubén Paredes en 1000 metros, Fran Lopez en altura e Esteban Riobó foi o 1º en 80 metros. Noemí Santomé e Andrea Rios foron 4ª e 5º en 1000 metros e Laura Atienza 6º en 300 m | ![]() OLIMPIADA ESCOLAR O IES As Barxas foi o primeiro clasificado de todos os Institutos. |
![]() |
Outras Actividades. 10-11
![]() 2 BACH A | ![]() 2 BACH B |
---|---|
![]() 1 BACH A | ![]() 1 BACH B |
![]() 4 ESO A | ![]() 4 ESO B |
![]() 4 ESO DIV | ![]() 3 ESO A |
![]() 3 ESO B | ![]() 3 ESO C |
![]() 3 ESO D | ![]() 3 ESO DIV |
![]() 2 ESO A | ![]() 2 ESO B |
![]() 2 ESO C | ![]() 2 ESO D |
![]() 1 ESO A | ![]() 1 ESO B |
![]() 1 ESO C | ![]() 1 ESO D |
Fotos de GRUPO. 10-11
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
COMENIUS.
O IES As Barxas participa no Proxecto COMENIUS "ACTEUR DE MON AVENIR" durante os cursos 2010-11 e 11-12. Este programa promove a cooperación e mobilidade entre centros educativos. Os países implicados son: Francia, Italia, Alemania, Polonia, Rumanía e España. Durante o curso 2010-11 viaxouse a Italia Polonia e Rumanía. Participan alumnos de francés de 4º ESO e Bacharelato e os profesores: Pilar Calcerrada, María González, Palmira Calvar, Asunción Montenegro, Carmen Egido, Luz Beloso, M José Soto. Este ano acollen Polonia (novembro), Italia (marzo) e Romanía (maio) e no curso 2011-12 serán España, Alemania e Francia.
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
RUMANÍA.
MULLER LAMPREA
Nace "A MULLER LAMPREA". Conto realizado en colaboración dos departamentos de Normalización e Plástica. Iria é a creadora do relato e Luz ponlle cara aos persoaxes. Este conto sirve de base para moitas das actividades realizadas este curso: pintato de camisetas, decorado de botes reciclados, ...
POLONIA
ITALIA
SEMANA MATEMÁTICA. 10-11.
Alumnos de 1º ESO acuden á Sala de Exposicións de Caixanova (Vigo) para participar nuns talleres nos que se lles prantexaban distintos problemas matemáticos
![]() |
---|
![]() |
FESTIVAL AUDIOVISUAL GALEGO OLLOBOI. 10-11.
O noso Centro participou nos Primeiros Encontros do Audiovisual Galego en Porto do Son. Presentamos unha pequena mostra de traballos videográficos feitos polos nosos alumnos e coordinados por Luz. Estes vídeos destacaron pola súa gran calidade e orixinalidade, ao seren os únicos que empregaron a técnica "stop motion".
"A muller lamprea" finalista no premio Impinxidela (ver vídeo)
"A Contradanzxa" feito por Adrián Martínez (1º Bach), gañou o premio OLLOBOI, Mellor Curta Escolar 1001

MADEIRA DE ESTUDIANTES. 10-11.
Os alumnos de tecnoloxía, baixo a tutela de Luis Camilo, fan un magnífico traballo de mellora das instalacións da biblioteca. Grazas a eles podemos disfrutar dunhas estupendas estanterías de madeira
Todo comenzou un día no obradoiro de tecnoloxía cando Camilo, o noso profesor, nos fixo descargar un camión de táboas.
Pasamos todo o terceiro trimestre do curso medindo, cortando, ensamblando… e, finalmente, montamos a nosa primeira librería.
Despois do esforzo colectivo e tres meses detraballo, a nosa dedicación foi recompensada con... unha Cocacola!...
Bueno, o traballo foi entretido e aprendemos moito.
PD. Ao final recibiron algo máis que unha coca-cola (Grupo de Biblioteca)

AS BARXAS EMPRENDE. 10-11.
Neste curso tivo lugar a segunda edición do proxecto “As Barxas Emprende”, unha actividade interdisciplinar e creativa diseñada para fomentar a cultura emprendedora na Educación Secundaria a través de distintas propostas didácticas e actividades puntuais dirixidas a crear e xestionar unha empresa durante o curso escolar. As Cooperativas escolares de este curso foron:
-
Camisetas e bolsas impresas (3º ESO D/E). Todo o proceso de grabado está realizado a man,os debuxos son totalmente orixinais, elaboradospola profesora de plástica Luz Beloso no primeiro trimestre do curso 2010/11 (basados no conto da Muller Lamprea). Ademáis dos productos, os alumnos tiveron que elaborar o catálogo (e colgalo en internet), un anuncio, decorar os stands e canalizar o sistema de reservas de pedido, tesourería e entregas.
-
Decoración de latas recicladas (4º ESO A/B). O punto de partida foi a reciclaxe de latas (de galletas e de leite para nenos maioritariamente), ás que tratamos de dar un valor engadido. Todo o proceso de decorado se realizou de maneira artesanal polos alumnos, utilizando sprais, debuxo a man e a técnica de decoupage, tomando como temática principal a muller lamprea, e dirixidos pola profesora de economía (MaríaJosé) e a de plástica (Luz).
-
Decoración artistica de uñas (4º ESO A/B). Tíñamos tres alumnas moi aficionadas a experimentar co pintado de uñas, polo que asociouse a profe de obradoiro (María José) coa de plástica (Luz) e lle dimos un enfoque creativo.
-
Horta Ecolóxica. Leitugas, tomates, xudías, etc sembrados e coidados con todo mimo polos alumnos de 3º ESO diverificación, na horta do IES ASBARXAS, baixo a supervisión de Goretti.
-
Película "The Barxas Club" (4º ESO A/B). Adaptación dunha obra de culto dos 80 "The Breakfast Club",onde uns alumnos que se levan mal pasan oito horas castigados nunha aula. Está dirixida pola profesora de plástica (Luz) co mérito engadido de ser filmada cunha cámara de fotos.
Máis sobre As Barxas Emprende, no seu blog “barxas emprende”.
Estampado de camisetas.
![]() Venta de productos |
---|
![]() Venta de productos |
![]() Venta de productos |
![]() Venta de productos |
![]() Venta de productos |
![]() |
![]() Venta de productos |
![]() |
THE BARXAS CLUB.
Durante este curso os alumnos de 4º da ESO e a profesora de plástica Luz Beloso, empregaron a maior parte das súas horas de clase para facer unha película titulada "The barxas club", inspirada na película dos
anos 80, "O club dos cinco".
Esta película trata sobre cinco alumnos (Claudia González, Daniel Álvarez, Adrián Barros, Joel Fontenla e José Aboy) que son castigados polo director, con intención de que permanezan na aula de plástica durante
unhas horas dun sábado. Estes alumnos chegan ao seu instituto de distintas formas, en moto, en coche, andando en bicicleta, ou en monopatín.
Dispostos a asumir o seu castigo, deciden empezar con bo pé, tratando de sumirse no mundo da imaxinación para intentar redactar un texto sobre asaspiracións dos seus próximos anos.
Acaban aburríndose, e empezan a contar a súa vida. É cando o rebelde (Daniel Álvarez), conta como son os días na súa casa; O seu pai pégalle a súa nai, e a el tamén; Esa é a razón pola que é tan duro coas persoas que o rodean.
Os demais alumnos que atenden chorando á historia do seu compañeiro, intentan consolalo de todas as maneiras.
Logo tratan de divertirse un pouco poñendo música e bailando, pero a diversión remata pronto debido á chegada do profesor. Daniel, enfadado con este "adulto" empeza a contestalo de malas maneiras e como consecuencia o seu castigo aumenta e o seu mestre decide castigalo o resto do do día encerrado en soidade dentro dunha clase. É cando os seus amigos deciden ir buscalo á súa aula de castigo.
Xa achegándose ao final, todos se van menos Claudia e Daniel os que quedan á entrada do instituto, falando durante uns minutos e despois...
Emma Sotelo (1º ESO C)


O TEATRO QUE RI
A compañía de teatro do IES As Barxas cumpre este ano o seu cuarto ano consecutivo de actividade nesta andaina que escomenzou alá polo ano 2007.
Con moito estusiasmo e non pouco traballo foise consolidando unha actividade especialmente gratificante para todos os participantes. Mais de cen rapaces do noso centro (o primeiro ano eran tantos que tivemos que formar dous grupos) levan xa pasado polo escenario amosando unhas aptitudes formidables para este arte. Este ano, como nos tres anteriores, participamos na Mostra de Teatro do Ensino Secundario de O Morrazo, na queestrenamos a obra “Así que pasen cincoanos” de Federico Garcia Lorca con notable éxito. Os alumnos do centro tiveron ocasión de presenciar a obra no propio centro co galo da celebración do Dia das Letras galegas. Ademais, a finais de xuño, a nosa compañía foi invitada a un festival de teatro na localidade de A Cañiza.
Reportaxe na TV con entrevistas aos alumnos de 4º, protagonistas da pelicula