top of page

Curso 1994-95

Joseba, Xoan Barros, Bernardino Cerviño, Juan gil...

DIRECCIÓN.- Complétase o E. Directivo co nomeamento de Neli como VD. Queda por tanto : Matilde Llano  (D), X. Manuel Millán  (XE), X. Ramón Barros Arias (S) , Bernardino Cerviño (VD),   Manuela Veiga (VS)

ALUMNADO.- 626 alumnos:  1º BUP (159 alumnos en 5 grupos), 2º BUP (143 alumnos en 5 grupos), 3º BUP (154 alumnos en 5 grupos), COU (170 alumnos en 3 grupos de ciencias e 2 de letras)

PROFESORADO.- 39 profesores

HORARIO: Inícianse as clases o día 3 de Outubro co mesmo  horario que o curso anterior

OBRAS:

  • Mellora dos ordenadores da aula de IF

  • Equipo de megafonía parra o salón de actos.

  • Mapas murais para as aulas.

  • Antena parabólica para Idiomas.

  • Emisora de radio escolar

ACTIVIDADES:

  • Empeza a funcionar o Gabinete de Orientación Psicopedagóxico sendo Bernardino o orientador. Instalase no despacho de Dirección.

  • Funciona tamén a emisora de radio escolar que se instala no despacho de Xefatura de Estudos. Çon 150.000 pts de Normalización e unha axuda da ANPA cómprase unha emisora de radio escolar nova. Chamaráse despois "Radio Cabuxa"

  • Lévase a cabo un fichaxe de libros da bilbioteca según o sistema da Clasificación Decimal Universal

PROPOSTAS:

  • Decídese instalar a caseta meteorolóxica para o curso seguinte

  • Solicítase un Proxecto de Formación para o curso seguinte.

  • Apróbase un Proxecto de Curso Experimental para 1º BUP (no que se adoptarán estratexias propias da inminente reforma da LOXSE)

 

A finais de curso, Matilde presenta a dimisión.

Tamén se produce un roubo de material no Centro: Desaparecen os dous mellores ordenadores coas respectivas impresoras da aula de IF co que queda practicamente desmantelada a aula. Pénsase incluso na posibilidade de non ofertar a asignatura para o curso seguinte debido ao precario estado da aula. Tamén rouban un microscopio do laboratorio de CN.

bottom of page