Curso 1996-97
![]() 2º BUP- B | ![]() 2º BUP- D |
---|
FOTOS DE GRUPOS
DIRECCIÓN.- D: Bernardino, XE: Xoan Barros, S: X. Ramón Barros, VD: Francisco Torrado e VS: Manuela Veiga
ALUMNADO.- 1º BUP (154 alumnos en 5 grupos), 2º BUP (136 alumnos en 4 grupos), 3º BUP (146 alumnos en 5 grupos), COU (134 alumnos en 4 grupos)
ACORDOS:
-
Pénsase en dár clases de reforzo aos pendentes fóra do horario lectivo, polas tardes
-
Colócase a hora de reunión de departamento nos horarios dos profesores de algúns departamentos
-
Decídense os lugares nos que se pode fumar no Centro: sala de profesores e cafetería
-
Pensase en pasar a coller a agua da traída de augas do Concello (ata agora se collía do pozo)
-
Vótase a favor do adianto á Implantación da ESO para o curso 97/98. Os alumnos que repitan 1º BUP pasarán a cursar no curso seguinte 3º ESO
-
Contrátase a unha ex-alumna para a catalogación dos libros da biblioteca durante o verán.
OBRAS:
-
Construcción de muros de contención perto da casa do conserxe e tras a sala de profesores para aproveitar espazo na estrada superior e adicala a aparcamento de autobuses.
COMPRAS:
-
Cómprase unha nova fotocopiadora
-
Instálase un xogo de estractores de aire no ximnasio para paliar o problema de condensación ante a imposibilidade económica de acometer o cambio do piso
ACTIVIDADES:
-
Continúa o Proxecto de Formación no Centro. O coordinador para este curso é Carlos Chapela.
-
Continúan os obradoiros de: teatro, de guiñol e a radio escolar.
-
O Gabinete de Orientación leva a cabo unhas sesións de técnicas de estudo.
-
Fanse reunións entre os profesores do Centro e os maestros de primaria dos que se vai a recibir alumnado para unha labor de coordinación.
-
Constitúese a primeira Comisión de Coordinación Pedagóxica para empezar a elaborar o P.E.C.
-
Elabórase o RRI e queda pendente de aprobación para o curso seguinte
-
Elabórase un Plan de Acción Titorial (P.A.T.)
PROPOSTAS:
-
J. Luis Fernández Rodrigo presenta un proxecto de recuperación do tramo do río Pontillón que discurre a rentes do Instituto para o vindeiro curso
-
Solicítase un novo Proxecto de Formación do profesorado para o curso 97/98
-
Apróbase a realización das obras necesarias para a anticipación da ESO: créanse as aulas de tecnoloxía e música. E pérdense con estas obras parte dos seminarios da primeira planta.