Curso 1997-98

Xavi e as irlandesas Miriam e Margo o 16-03-98 durante o 1º intercambio con Ballingeary.
Fixádevos na paisaxe do fondo.
¡¡¡Que cambio!!!!
(Non hai edificios, nin hotel ....)
DIRECCIÓN.- Por lei pérdese o cargo de VS e queda por tanto, para este curso, a dirección constitutida por:
D: Bernardino, XE: Xoan Barros, S: X. Ramón Barros, VD: Francisco Torrado
A finais de curso presentan a dimisión o XE e o VD e pasan a ocupar os cargos: Miguel Cortegoso (XE) e Alba Amado (VD)
ALUMNADO.- 596 alumnos: 3º ESO ( 5 grupos), 2º BUP (4 grupos), 3º BUP (4 grupos), COU (5 grupos)
PROFESORADO: 39 profesores.
HORARIO: Inicio das clases o 30 de setembro
ACORDOS
-
Nova denominación do Centro aprobada no Consello Escolar: o ata agora IB Moaña pasa a ser IES As Barxas de Moaña
-
Tentarase solicitar a conseción das catro modalidades do novo bacharelato para este Concello, repartíndose entre os dous institutos existentes.
-
Preséntanse alegacións ao Plan Parcial do Rosal: iniciar a obra do valado do noso recinto, construir pontes no río para un acceso directo ao polideportivo que se vai construir, que canalicen o río, tratar o tema do saneamento do Centro sustituindo a fosa séptica
OBRAS
-
Queda pendente a obra do muro de contención e explanada para aparcamento dos buses.
-
Queda pendente tamén a traída de augas. O Delegado comprometese a acometer para o curso seguinte a traida de augas para o Centro
-
Inicianse as obras de construcción dun polideportivo municipal ao que terá dereito o Centro para o seu uso escolar.
-
Solicítase para o vindeiro curso un Programa de Diversificación Currricular
PROPOSTAS
-
Contémplase no presuposto adherirse á rede informática de Internet
-
Apróbse o pechar a porta de acceso ao Centro no horario lectivo e nos recreos.
-
Apróbase en votación non permitir a subida ás clases aos alumnos que cheguen tarde
ACTIVIDADES
-
Formación, por primeira vez, de Xuntas Provinciais de Directores.
-
Estáse elaborando o PEC no Proxecto de Formación e na Comisión Pedagóxica
-
Preséntanse e apróbanse as liñas básicas do PCC. Decídese promocionar automáticamente aos alumnos que suspendan dúas asignaturas e promocionarían os de tres suspensas sempre que voten a favor 2/3 dos profesores da xunta de Avaliación.
-
Preséntase e apróbase o RRI
-
Realízanse intercambios de alumnos do Centro con Irlanda, organizados polo departamento de inglés. Recíbense primeiro aquí aos alumnos e logo van os nosos alá.
-
Lévase a cabo a limpeza do Río Pontillón financiado por Voz Natura.
-
Mercadillo de libros de texto
-
Viaxe de 3º BUP a París.
-
Recollida de datos da caseta meorolóxica e exposición dos mesmos.
MATERIAL
-
Recíbese o material para as aulas de tecnoloxía, música e plástica
-
Cómpranse dos novos ordenadores para a aula de IF e repáranse e actualizanse o resto da aula.